Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/364-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201, Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Reguengo.

Situación: As Neves.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 280 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. Liñares-Tortoreos ata o C.T. que se proxecta no Reguengo, concello das Neves. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-8307200 V. R.B.T. aérea, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 12 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/364 Provincia: Pontevedra.

L.M.T., C.T. O ReguengoTermo municipal: As Neves

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1MusgoPradoManuela Lago OteroSalgosa, 18

36459, Salvaterra

36360

2MusgoMonte altoRosa Rodríguez LagoReguengo, Tortoreos, s/n

36440, As Neves

1225344

3MusgoMonte altoCarmen Domínguez AlonsoChan, Tortoreos, s/n

36440, As Neves

49

4FragasLabradíoManuel Silva OubeiraRedondelo, Torteiros, 12

36440, As Neves

38380

5FragasViñedoCarmen Fernández RodríguezA Foz, Norciu, s/n

Asturias

880

6FragasLabradíoMarina Mariño FernándezAvda. Emilio Martínez Garrido, 24-1ºB

36205, Vigo

40400

15AnguizaPradoEladio Alonso FernándezLamas, Meder, 9

36440, As Neves

30300

17AnguizaPradoMaría Mariño FernándezAvda. Emilio Martínez Garrido, 24-1º B

36205, Vigo

C.T.5138