Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/108-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento talleres Covi.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV de 30 m de lonxitude, desde a L.M.T. ATI 703, entre C. seccionamento Dalphi e C.T. polígono A Granxa N.4, alimentando en bucle ó centro de seccionamento proxectado denominado Talleres Covi, rematando na mesma liña, concello do Porriño. Centro seccionamento con tres celas de liña SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra