O punto 23 da Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22) pola que se convocaba procedemento selectivo de ingreso e adquisición de novas especialidades, ó corpo de mestres, establece que os tribunais que xulguen o concurso-oposición estarán integrados por catro vocais, designados por sorteo, entre funcionarios do corpo e a especialidade correspondente.
Resulta necesario facer pública a data e a hora na que terá lugar o sorteo público. A Dirección Xeral de Persoal
RESOLVE:
Primeiro.-O sorteo para determina-los catro vocais e os seus suplentes correspondentes que xulgarán o concurso-oposición ó corpo de mestres terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e da especialidade correspondente, en situación de servicio activo en centros dependentes desta consellería, con destino definitivo ou provisional na provincia na que se celebra o sorteo, o próximo día 7 de maio de 1999 ás 9 horas, nos seguintes lugares:
-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Salvador de Madariaga, s/n (Zona Monelos), A Coruña.
-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Armando Durán, s/n, Lugo.
-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Concello, nº 13, Ourense.
-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Montero Ríos, s/n, Pontevedra.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 1999.
Jaime García y García
Director xeral de Persoal