Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.228

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 22 de abril de 1999 pola que se nomea recadador da zona de Pontevedra.

Rematado o proceso de selección para o nomeamento de recadador da zona de Pontevedra, e vista a proposta elevada pola comisión de selección prevista no artigo 5 da Orde do 29 de xaneiro de 1999 (DOG nº 24, do 5 de febreiro), procede, en virtude do previsto na disposición adicional e no artigo 4 do Decreto 90/1997, do 10 de abril, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona, nomea-lo recadador titular da mencionada zona. Por isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear recadador titular da zona de Pontevedra a Fernando Guimaraens Benedetti.

Artigo 2º

Dispoñe-lo cesamento como recadador titular da zona de Ourense de Fernando Guimaraens Benedetti. O cesamento producirase na mesma data en que este tome posesión como recadador da zona de Pontevedra.

Artigo 3º

Dispoñe-lo cesamento como recadador interino da zona de Pontevedra de Francisco Javier Sánchez García. O cesamento producirase na mesma data da toma de posesión do recadador titular.

Artigo 4º

Nomear recadador interino da zona de Ourense, vacante como consecuencia do disposto anteriormente, de Fernando Guimaraens Benedetti, quen asumirá esta condición na data do cesamento como recadador titular desta zona.

Artigo 5º

A toma de posesión como recadador titular da zona de Pontevedra producirase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, debendo constituír neste prazo a fianza a que se refiren os artigos 34 e seguintes do Decreto 90/1997.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda