Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.228

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (336/1997-M).

Eu, Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 336/1997, seguido ante este xulgado

por ameazas, sendo denunciante María Jesús Ures Cambón e denunciado Jesús Calvo Pardiñas, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentencia número... En Carballo o dezasete de outubro de 1997. Vistos os autos de xuízo de faltas número 336/1997, por Enma González Álvarez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta vila, seguidos por ameazas, no que foron parte o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, e como implicados, como denunciante María Jesús Ures Cambón, asistida do letrado Blanco Rama, e como denunciado Jesús Calvo Pardiñas. Recae esta resolución.

Decido que debo condenar e condeno a Jesús Calvo Pardiñas, como autor criminalmente responsable dunha falta de ameazas, á pena de multa de 15 días cunha cota diaria de dúas mil pesetas e ó pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Jesús Calvo Pardiñas, que se encontra en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo a oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado