Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 26

de outubro de 1998, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual da reparcelación do polígono A do Plan parcial do SUNP-6, en San Lázaro, que fora aprobada definitivamente polo Pleno do Concello o 31 de outubro de 1997.

A modificación porposta afecta a determinación e localización dos dereitos edificatorios correspondentes ós propietarios das parcelas iniciais nº 4, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 51, 51 A, 52, 52 A e 66, supoñendo variacións na adxudicación e edificabilidade das repectivas parcelas de reemprazo:

U.1.1U.2.10.2.1

U.1.2U.2.20.3.4

U.1.3U.2.30.3.5

En cumprimento do que dispón o artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días soltos, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planemento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

A aprobación inicial desta modificación comporta a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito das parcelas de reemprazo arriba identificadas.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde