Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data, acordou:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle e o proxecto de compensación promovidos por instancia de José Fontenla Torres, en representación de Estronor, S.L.comprenisvo da parcela Chan do Trigo, sita en Ramallosa-Lucí, de 5.349 m de superficie neta, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 30 de marzo de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde