Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO da convocatoria do concurso de composición. XXXII Concurso rexional de gaitas de Ponteareas.

O Concello de Ponteareas convoca o concurso de composición da peza obrigatoria do «XXXII concurso rexional de gaitas», cun único premio de 250.000 pesetas.

A data límite de presentación será o 21 de maio de 1999, ás 13 horas, ante o notario desta vila. As bases e boletíns de inscrición pódense solicitar ó Departamento de Cultura deste concello, teléfono 986 66 16 75; 986 64 00 00.

Ponteareas, 6 de abril de 1999.

José Castro Álvarez

Alcalde