Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros en encomenda de xestión da Mancomunidade de Municipios da Coruña contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a seguinte asistencia técnica:

Obxecto: subprograma de motivación social e sensibilización cidadá correspondente ó Plan de xestión integral de residuos sólidos e asimilables.

Lugar de execución: Mancomunidade de Municipios da Coruña.

Orzamento: 81.500.000 ptas. (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: 1.630.000 ptas.

Definitiva: 3.260.000 ptas.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro do ano 2001.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros ata o día 2 de xuño de 1999 inclusive, ás 13 horas.

Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Oleiros, 12 de abril de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa