Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (78/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 15 de abril, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Ángel Prol Garrido, en representación de Obras y Promociones Prol Garrido, S.L., proxecto de urbanización da área B; polígono B2; sector Campus do PXOU de Ourense, e logo de constitución de garantía polo importe de 40.000.000 de ptas. (corenta millóns de pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

2. Para poder iniciarse as obras comprendidas no proxecto será preciso que estea definitivamente aprobado o proxecto de compensación da unidade de actuación B1 do SU-25 e que a distribución dos terreos que efectúe este permita a execución daquelas na forma prevista no proxecto de urbanización.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de abril de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde