Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros en encomenda de xestión da Mancomunidade de Municipios da Coruña contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a seguinte adxudicación:

Obxecto: subministración de contedores para a recollida de papel-cartón e vidro destinados á Mancomunidade de Municipios da Coruña.

Número de unidades que se van entregar:

800 contedores de recollida selectiva de papel-cartón.

800 contedores de recollida selectiva de vidro.

Todos eles das características que se recollen no prego de prescricións técnicas.

Lugar de entrega: nos lugares que indiquen os municipios da mancomunidade segundo o plan de entrega da subministración.

Orzamento: 136.000.000 de ptas. (IVE engadido).

Fianzas:

Provisional: 2.720.000 ptas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de entrega: máximo tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros ata o día 28 de maio do 1999 inclusive, ás 13 horas.

Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: poderán recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Oleiros, 7 de abril de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa