Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de poxa con procedemento aberto, a obra seguinte:

Obxecto: cubrición e vestiarios na pista polideportiva de Rialta.

Orzamento: 27.042.036 ptas. (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 1.081.682 ptas.

Clasificación: Cd, I6c, K4e.

Prazo de execución: sesenta (60) días hábiles.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP, ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 7 de abril de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa