Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-888/98, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-888/98, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións ou informacións considere convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-888/98.

Inculpado: Galaica Gas, S.L.

Enderezo: Hórreo 15-17, baixo, 15702 Santiago de Compostela.

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 8-2-1999.

A Coruña, 30 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo