Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dun recurso ordinario en materia de defensa do consumidor. (Expediente 15-062/96).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente nº 15-062/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde teña o seu enderezo, ou teña sede o órgano autor do acto orixinario á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2.b) 4 en relación co 14.1 segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que poida exercer calquera que considere oportuno.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091). Oficina de Relación con Organismos (0388). Santiago de Compostela.

Expediente: 15-062/96.

Denunciado: Omar Luzardo Couto. Soticor.

Enderezo: vila de Padrón, nº 8-B. A Coruña.

Sanción e motivos: 200.000 ptas. Irregularidades na prestación dun servicio.

Data da resolución: 8 de febreiro de 1999.

A Coruña, 30 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña