Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 25 de marzo de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, correspondentes ó Edicto do 18 de febreiro de 1999, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

Advertidos os erros no texto do citado edicto, publicado no DOG nº 52, do martes 16 de marzo de 1999, cómpre face-las correspondentes correccións:

Na páxina 3.030, a partir do título da alínea Anexo, anúlanse as seis primeiras liñas, as cales fan relación a: «Pensionista: Ramón García Dacosta. DNI: 35.422.125. Resolución: notificación de caducidade. Causa: non presenta documentación requirida. Fundamento de dereito: R.D. lexislativo 1/1994. Cantidade para reintegrar: 0».