Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 24 de marzo de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a apertura de expediente de caducidade da concesión administrativa para a explotación dun parque de cultivo outorgada a Joaquín Domínguez Lema.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase a Joaquín Domínguez Lema, DNI nº 32.341.600, con último domicilio coñecido en Corme, Ponteceso (A Coruña), a apertura do expediente de caducidade da concesión administrativa para a explotación dun parque de cultivo sito no lugar de Telleira, Canduas, Cabana (A Coruña), instruído por non solicitarse a prórroga dentro do prazo legal para iso e levar inactivo un tempo superior a dous anos, sendo estas causa de caducidade das previstas nos artigos 56.3º e 72, alíneas a) e c) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio).

O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (r/ Ramón y Cajal nº 1-5ª plan

ta-Casa do Mar) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.

A Coruña, 24 de marzo de 1999.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña