Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador de epizootias LU-7/99, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructora do procedemento a Mª Paz Maseda Ferreiro e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarias desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e os documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 5 de abril de 1999.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-7/99.

Denunciado: José Luis Cadahía González.

DNI: 34.225.294.

Último enderezo coñecido: S. Isidoro, 50-1º C, A Coruña.

Feitos imputados: transporta-lo día 6 de decembro de 1998, ás 11.55 horas, no camión gaiola matrícula C-2938-AT que circulaba pola estrada C-535

km 55 do termo municipal de Portomarín, conducido por Francisco Sánchez Rodríguez, 8 cabezas de gando vacún de 7 meses de vida, procedentes de Paradela ata o matadoiro municipal da Coruña, e carecer de autorización oficial de traslado para os animais que portaban os crotais 3703 e 3704.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 1 e 3 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG do 15 de decembro) e 3 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG do 4 de setembro).

Precepto sancionador: artigo 212 do Regulamento da Lei de epizootias, de 4 de febreiro de 1955.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción posible: 8.500 pesetas.