Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-347/98, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e ó seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento.

Lugo, 5 de abril de 1999.

Mª Paz Maseda Ferreiro

Instructura

ANEXO

Expediente: LU-347/98.

Denunciada: Mª del Carmen Romero Montoya.

DNI: 53511179.

Último enderezo coñecido: Espín-Coaña-Asturias.

Feito denunciado: transporta-lo día 18 de outubro de 1998, no camión matrícula O-8718-AP, conducido por José Ignacio Montoya Romero, 2 cabezas de gando equino, sen te-lo camión rexistrado na Delegación de Agricultura e Gandería para este fin.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias de 1955.

Sanción proposta: 15.000 ptas.