Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/26-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Avda. Campo da Feira.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 30 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe na L.M.T ó C.T. Cornubal e remate na L.M.T. ó C.T. balneario. C.T. compacto Avda. Campo da Feira con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. umha aérea de 80 metros e outra subterránea de 240 metros do C.T. Avda. Campo da Feira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense