Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 190/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 5.445 m con orixe no apoio paso aéreo-subterráneo proxectado Campo Brick S.L. e final na L.M.T. existente Cabra-Vilar-Cabrui e Bascoi, no termo de Mesía (Expte. 190/1998) por resolución da Dirección Xeral de Industria do 29 de marzo de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días que a continuación se indican, para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos de Concello de Mesía, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia de data 3 de agosto de 1998, no BOP de data 15 de xullo de 1998 e no xornal La Voz de Galicia do 17 de xullo de 1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Día 10 de maio de 1999.

Ás 11.30 horas, predio números: 2, 3, 5, 6, 7, 8 e 9.

Ás 12 horas, predios números: 10, 11, 12, 13, 14 e 15.

Día 11 de maio de 1999.

Ás 11.30 horas, predios números: 16, 17, 18, 19, 19/1, 20 e 22.

Ás 12 horas, predios números: 23, 24, 25, 26, 27, 28 e 29.

Día 12 de maio de 1999.

Ás 11.30 horas, predios números: 31, 32, 33, 34, 35, 36 e 37.

Ás 12 horas, predios números: 38, 39, 40, 41, 42, 43 e 44.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 12 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña