Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do Parque Eólico de Sil, que se construirá nos concellos de Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil e Esgos.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se someterán ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, polo prazo de quince días, contados a partir da data de publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do Parque Eólico do Sil. O parque, promovido pola empresa Iberdrola Diversificación, S.A., contará cun conxunto de 36 aeroxeradores de 660 kW/u, que suman unha potencia bruta de 23,76 mW.

Segundo.-Para os correspondentes efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

-Casas dos concellos de: Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil e Esgos.

Terceiro.-As alegacións, dirixidas ó delegado provincial de Industria e Comercio de Ourense, formularanse durante o dito prazo de quince días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 23 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense