Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (362/1997).

En Santiago de Compostela o 5 de abril de 1999, eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 6 de marzo de 1998, se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 362/1997, seguido por danos acontecidos en Santiago de Compostela o día 2 de xullo de 1997, dos que a parte dispositiva é a seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a Avelino Blanco Blanco, Juan Manuel Aparicio Francisco, Marcos Aparicio Francisco, Carlos Moreno Castro e Roberto Reigosa Méndez, polos feitos que se lles imputan, con declaración das custas de oficio».

E así o fago constar e expido esta cédula para a súa notificación á denunciante, Carmen Bello Pérez, que se fará mediante a inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoa de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado, consonte o disposto nos artigos 976, 795 e 796 LAC.

Rubricado