Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (45/1999-10).

F. Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 45/1999-10, por instancia de Ana Belén Tasende Lamas e Antonio Amado Neira, contra eles mesmos, e nas súas actuacións, en resolución desta data, se acordou citar a Antonio Amado Neira co fin de que o día vinte de maio, ás once corenta horas compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciante-denunciado, apercibíndoo de que, caso de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos os que houber lugar en dereito, e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Antonio Amado Neira, expido e asino en Santiago de Compostela, o oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado