Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.180

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a Joan Miquel Vergés (praza 21/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 2 de abril de 1998 (BOE do 29), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a favor de Joan Miquel Vergés con documento nacional de identidade número 38.797.905, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Joan Miquel Vergés, profesor titular de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 12 de abril de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo