Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cumieira de Abaixo.
Situación: O Rosal.
Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.096 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde un apoio da L.M.T. ó C.T. Galiflor ata o C.T. que se proxecta en Cumieira de Abaixo, concello do Rosal. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 1.290 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
Pontevedra, 17 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: A.T. 99/16 Provincia: Pontevedra.
L.M.T., C.T., R.B.T. Cumieira de AbaixoTermo municipal: O Rosal
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
36740, Tomiño
36770, O Rosal
36201, Vigo
36770, O Rosal11 Cumieira Abaixo Monte alto Saúl Fernández Vaquero San Lourenzo-Goián, s/n
264
12 Cumieira Abaixo Prado Juan Martínez Estévez Cunchada 10, s/n
4 1 12 60
13 Cumieira Abaixo Monte alto José Fariña Rodríguez Rosalía de Castro, 43-1-9A
4 1 33 198
19 Cumieira Abaixo Horta José Pérez Bello Cumieira de Abaixo, s/n
54 270