Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 1999, no que se lle dá aplicación á previsión do artigo 97 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, respecto do exercicio da fiscalización limitada previa.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de marzo de 1999, aprobou o seguinte acordo:

Acordo no que se lle dá aplicación á previsión do artigo 97 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, respecto do exercicio da fiscalización limitada previa.

Co fin de favorece-lo seu coñecemento e aplicación, publícase como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

A Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, no seu artigo 97.2º, autoriza a Xunta de Galicia para que, logo do informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, acorde que a intervención previa que se exerza en cada unha das consellerías ou nos distintos servicios, OO.AA., sociedades ou entes públicos se limite a comprobar, ademais dos extremos determinados na propia lei, aqueles que pola súa trascendencia no proceso de xestión estableza o Consello da Xunta de Galicia por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Este acordo pretende, en primeiro lugar, adecua-lo actual réxime de fiscalización limitada previa ás variacións operadas na orde lexislativa que inciden directamente na materia sometida a control.

Mención especial merecen a Lei 30/1992 e o seu posterior desenvolvemento regulamentario, no que atinxe á regulación da responsabilidade patrimonial da Administración, así como a creación do Consello Consultivo de Galicia pola Lei 3/1995, que impón a incorporación da consulta preceptiva nos asuntos en que así se estableza.

A Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, introduce novidades substanciais en materia de contratación administrativa que deben reflectirse nos extremos relativos a formas e procedementos de contratación, publicidade, garantías e revisión de prezos.

Por outra banda, razóns de índole técnica apoiaban a aprobación dun novo acordo que aclarase e refundise os ata agora vixentes, ó tempo que dese resposta ás insuficiencias que estes presentaban no tratamento de determinados tipos de expedientes, postas de manifesto na súa aplicación práctica. Neste sentido abór

dase a materia de persoal, a través da incorporación da experiencia acumulada no seu control e os cambios operados na normativa aplicable.

Os expedientes de contratación reciben un tratamento pormenorizado, a través da distinción e particularización dos extremos que deben ser obxecto de exame en correlación coas fases do procedemento de gasto e de conformidade coa nova regulación habida neste eido.

O volume e a multiplicidade de subvencións e gastos de transferencia xestionados aconsellan tanto incidir no seu desenvolvemento xeral, como recoller aquelas especialidades que xorden na súa tramitación.

Con idéntica razón incorpóranse requisitos esixibles en materia de pensións non contributivas reguladas pola Lei 26/1990, do 30 de decembro, co prolixo tratamento que a súa aplicación práctica require.

Por último debe salientarse a motivación que subxace no acordo de conciliar a un tempo as esixencias de control previo de legalidade da actuación administrativa coas propias da axilidade nos procedementos de xestión; polo que se pretende dar resposta a unha realidade cada vez máis complexa pola diversidade de normativa aplicable e o volume de expedientes tramitados.

Por todo o exposto, é necesario modifica-los acordos do 5 de maio de 1988, 26 de xuño de 1988 e 30 de maio de 1989, e de conformidade co previsto no artigo 97 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia adopta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo do informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o seguinte acordo:

Primeiro.

1. A fiscalización previa das obrigas ou gastos incluídos neste acordo, en cada unha das consellerías, centros, dependencias ou organismos, realizarase mediante a comprobación dos seguintes extremos:

a) A existencia de crédito orzamentario e que o proposto sexa o axeitado á natureza do gasto ou da obriga que se propoña contraer.

Nos casos en que se trate de contraer compromisos de gastos de carácter plurianual comprobarase, ademais, se se cumpre o preceptuado no artigo 58 da Lei 11/1992.

b) Que as obrigas ou gastos sexan xerados por órgano competente.

c) Aqueles extremos adicionais que, atendendo á natureza dos distintos actos, documentos ou expedientes se conteñen neste acordo.

2. Sen prexuízo do anterior, nos expedientes en que, de conformidade con este acordo, deba verificarse a existencia do dictame do Consello Consultivo de Galicia, comprobaranse con carácter previo os extremos recollidos nos correspondentes puntos deste acordo e, con posterioridade á súa emisión, unicamente será constatada a súa existencia material e carácter favorable, en cumprimento do artigo 4 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo.

Segundo.-Para todo tipo de expedientes terán que efectuarse, se é o caso, ademais das comprobacións que se determinan nos puntos seguintes, as que a continuación se sinalan:

1. A competencia do órgano de contratación, do concedente da subvención ou do que resolve o expediente de responsabilidade patrimonial, cando o dito órgano non teña atribuída a facultade para a aprobación dos gastos de que se trate.

2. Cando dos informes preceptivos ós que se fai referencia nos diferentes puntos deste acordo se puidera deducir que se omitiron requisitos ou trámites que sexan esenciais ou que a continuación da xestión administrativa lle puidese causar quebrantamentos económicos ó Tesouro público ou a un terceiro, procederase ó exame exhaustivo do documento ou documentos obxecto do informe e se, a xuízo do interventor, se dan as devanditas circunstancias, actuará conforme o preceptuado no artigo 99 da Lei 11/1992.

3. Nos expedientes de recoñecemento de obrigas deberá comprobarse que responden a gastos aprobados e fiscalizados favorablemente.

4. A existencia de autorización do Consello da Xunta de Galicia nos supostos que, conforme a normativa aplicable, o requiran.

5. Nos expedientes anticipados de gastos deberá comprobarse que no prego de cláusulas administrativas figura a condición suspensiva de crédito axeitado e suficiente para financia-las obrigas derivadas do contrato no exercicio correspondente.

Terceiro.-Nos expedientes de contratación de persoal laboral, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) do presente acordo, serán os seguintes:

1. Proposta de contratación de persoal laboral fixo:

a) Certificado acreditativo, expedido polo órgano competente, de que os postos que se vaian cubrir figuran detallados nas respectivas relacións ou catálogos de postos de traballo e que estean vacantes.

b) Acreditación dos resultados do proceso selectivo expedida polo órgano competente.

c) Informe da asesoría xurídica sobre a adecuación do contrato que se formaliza co disposto na normativa vixente.

d) Que as retribucións que se sinalan no contrato se axustan ó convenio colectivo que resulte de aplicación e, se se trata dun contrato á marxe do convenio, que existe autorización da Consellería de Economía e Facenda e da de Presidencia e Administración Pública.

2. Proposta de contratación de persoal laboral temporal:

a) No seu caso, autorización conxunta das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública.

b) Ter cumpridos os requisitos de selección establecidos no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

c) Adecuación do contrato que se formaliza co disposto na normativa vixente.

d) No suposto de contratación de persoal con cargo ós créditos de investimentos, verificarase a existencia do informe da asesoría xurídica da consellería ou organismo de que se trate, sobre a modalidade de contratación temporal empregada e sobre a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e formalidades esixidos pola lexislación laboral.

e) Que as retribucións que se sinalen no contrato se axusten ó convenio colectivo que resulte de aplicación e, se se trata dun contrato á marxe do convenio, que exista informe favorable conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da de Presidencia e Administración Pública.

3. Nos expedientes de prórroga de contratos laborais temporais verificaranse, ademais dos requisitos a) e b) do apartado primeiro.1, que a duración do contrato non supera o prazo previsto na lexislación vixente.

Cuarto.-Na xestión de retribucións do persoal ó servicio da Administración da Xunta e dos seus organismos autónomos, os extremos adicionais a que se refire o apartado primeiro.1.c) do presente acordo serán os seguintes:

1. Xustificación documental limitada ós seguintes supostos de alta e variación en nómina, co alcance que para cada un deles se indica:

1.1. Partes de alta en nómina:

1º Altos cargos:

Copia do acordo de nomeamento ou documento no que se indique a data da súa publicación oficial, dilixencia da correspondente toma de posesión e verificación de que as retribucións se axustan á normativa vixente.

2º Persoal funcionario de novo ingreso ou reingreso ó servicio activo:

Acordo de nomeamento, documento ou dilixencia de toma de posesión e verificación de que as retribucións están de acordo co grupo e posto de traballo.

3º No caso de persoal procedente doutras administracións públicas:

Orde ou resolución de adxudicación de destino, certificación de baixa de haberes das últimas retribucións percibidas e documento ou dilixencia de toma de posesión.

4º Persoal laboral de novo ingreso:

Copia do contrato fiscalizado e documento ou dilixencia de toma de posesión.

1.2. Partes de alteracións:

1º As variacións ou modificacións que supoñan cambio de habilitado acreditaranse con:

Resolución de adxudicación de destino e certificación de baixa de haberes.

2º Modificación das retribucións con carácter particular:

Copia da resolución de recoñecemento sobre a que foi exercida a fiscalización.

2. Nas nóminas de retribucións:

a) Que estean asinadas polo habilitado que propón a súa autorización ó órgano competente e conformadas polo secretario xeral ou servicio correspondente.

b) En todo caso, comprobación aritmética que se realizará efectuando o cadramento do total da nómina co que resulte do mes anterior máis a suma alxebraica das variacións incluídas na nómina do mes de que se trate.

Quinto.-Nos expedientes de aprobación e recoñecemento da cota patronal á Seguridade Social comprobaranse os extremos previstos nas letras a) e b) do punto primeiro.1 e que a suma da cota patronal máis a cota obreira se corresponda co importe total das liquidacións (modelo TC1).

Sexto.-Nos expedientes de reclamacións que se formulen ante a Administración, en concepto de indemnización por danos e perdas por responsabilidade patrimonial, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) deste acordo serán os seguintes:

a) Informe da unidade no que o funcionamento do seu servicio ocasionase a presunta lesión indemnizable.

b) Dictame do Consello Consultivo de Galicia, se é o caso.

Sétimo.-Nos expedientes de contratos de obras, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1 c) deste acordo serán os seguintes:

1. Obra nova:

A) Aprobación do gasto:

a) Que exista proxecto, con informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares e que del emitira informe a asesoría xurídica.

c) Cando se utilice prego tipo de cláusulas administrativas, comprobar que o do contrato que se vai subscribir é da mesma natureza ca aquel do que emita informe a asesoría xurídica e aprobado polo órgano de contratación.

d) Que exista acta de replanteo previo, asinada polo xefe do servicio correspondente.

e) Cando se propoña como forma de adxudicación o concurso, comprobación de que o prego de cláusulas administrativas particulares establece criterios obxectivos para a adxudicación do contrato.

f) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren as circunstancias previstas nos artigos 140 e 141 da Lei de contratos das administracións públicas e, se é o caso, que se cumpren os requisitos do artigo 3 e seguintes do Decreto 122/1996, do 8 de febreiro.

B) Compromiso do gasto:

a) Comprobar que o contrato se adxudica de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación e,

no caso contrario, que existe decisión motivada do órgano de contratación.

b) Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social e non ter débedas coa Comunidade Autónoma, por non ser expedidas en prazo, segundo o establecido no artigo 9.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, ou que estas estiveran caducadas segundo o artigo 10.3º, comprobar que este se atopa ó día das ditas obrigas.

c) Conformidade, cando proceda, de que a clasificación concedida ó contratista que se propón como adxudicatario coincide coa esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Modificados:

a) Que exista proxecto, con informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Que exista informe da asesoría xurídica e, se é o caso, dictame do Consello Consultivo de Galicia.

c) Que exista acta de replanteo previo, asinada polo xefe do servicio correspondente.

3. Obras accesorias ou complementarias:

a) Que exista proxecto con informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Se a obra accesoria ou complementaria supera o 20% do prezo do contrato no momento da aprobación da dita obra accesoria ou complementaria ou, sen superalo se saque a licitación, o expediente deberá cumpri-los requisitos previstos para a obra nova.

c) Que exista acta de replanteo previo, asinada polo xefe do servicio correspondente.

4. Revisión de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos esixidos polo artigo 104.1º da Lei de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Certificacións de obra:

a) Que exista relación avaliada mensual e certificación autorizada polo facultativo director da obra e coa conformidade dos servicios correspondentes do órgano xestor.

b) Para a primeira certificación, que estean constituídas as garantías definitiva, especial ou complementaria e formalizado o contrato.

c) De se efectuar anticipos dos previstos no artigo 145.2º da Lei de contratos das administracións públicas, comprobar que foi prestada a garantía que se esixe.

d) Que achegue factura a empresa adxudicataria, de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir factura por empresarios e profesionais.

e) Cando a certificación de obra inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento comprobar que se cumpren os requisitos esixidos polo artigo 104.1º da Lei

de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Liquidación:

a) Que exista informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Que se xunte certificación ou acta de conformidade da recepción da obra.

c) Cando se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos esixidos polo artigo 104.1º da Lei de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir factura por parte de empresarios e profesionais.

7. Pagamento de xuros de demora:

a) Que exista informe da asesoría xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

8. Indemnizacións a prol do contratista:

a) Que exista informe da asesoría xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Que exista liquidación e que o cálculo é correcto.

9. Execución de obras pola Administración:

a) Que exista proxecto, cun informe da Oficina de Supervisión de Proxectos se procede, e acreditación dos medios para realiza-la obra.

b) Que exista acta de replanteo previo asinada polo xefe do servicio correspondente.

Oitavo.-Nos expedientes de contratos de subministracións, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) deste acordo serán os seguintes:

1. Subministracións en xeral.

1.1. Expediente inicial:

A) Aprobación do gasto:

a) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares con informe da asesoría xurídica e, se é o caso, prego de prescricións técnicas da subministración.

b) Cando se utilice prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, comprobar que o do contrato que se vaia subscribir é da mesma natureza ca aquel do que emitiu informe a asesoría xurídica e aprobado polo órgano de contratación.

c) Cando se propoña como forma de adxudicación o concurso, comprobar que o prego de cláusulas administrativas particulares establece criterios obxectivos para a adxudicación do contrato.

d) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren as circunstancias previstas nos artigos 182 e 183 da Lei de contratos das administracións públicas e, se é o

caso, que se cumpren os requisitos do artigo 3 e seguintes do Decreto 122/1996, do 8 de febreiro.

B) Compromiso do gasto:

a) Comprobar que o contrato se adxudica de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación e, en caso contrario, que existe decisión motivada do órgano de contratación.

b) Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social e de non ter débedas coa Comunidade, por non seren expedidas en prazo, segundo o establecido no artigo 9.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, ou estas estivesen caducadas segundo o artigo 10.3º, comprobar que aquel se atopa ó corrente das ditas obrigas.

1.2. Revisión de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos esixidos no artigo 104.1º da Lei de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

1.3. Modificación do contrato.

Que existe informe da asesoría xurídica e, se é o caso, do Consello Consultivo.

1.4. Aboamentos ó contratista.

1.4.1. Aboamentos á conta:

a) No primeiro aboamento á conta, que se constituíron as garantías definitiva, especial ou complementaria e que se formalizou o contrato.

b) Que existe a conformidade dos servicios competentes coa subministración realizada ou fabricada.

c) Que achegue factura a empresa adxudicataria, de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir factura por empresarios e profesionais.

d) Cando se inclúa no aboamento a revisión de prezos, comprobar que se cumpren os requisitos esixidos polo artigo 104.1º da Lei de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) De se facer anticipos dos previstos no artigo 100.3º da Lei de contratos das administracións públicas e 265 do Regulamento de contratos do Estado, comprobar que se prestou a garantía esixida.

1.4.2. Aboamento total ou pagamento da liquidación se existisen aboamentos á conta:

a) Que se xunte certificación ou acta de conformidade da recepción da subministración.

b) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir facturas por empresarios e profesionais.

c) Cando se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos esixidos polo artigo 104.1º da Lei de contratos das

administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión de prezos no prego de cláusulas administrativas particulares.

1.5. Pagamento de xuros de demora:

a) Que exista informe da asesoría xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo é correcto.

1.6. Indemnizacións a prol do contratista:

a) Que exista informe da asesoría xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Que exista liquidación e que o cálculo é correcto.

2. Contratación de equipos e sistemas para o tratamento da información:

Comprobaranse ademais dos extremos previstos con carácter xeral para o contrato de subministracións, a existencia dos perceptivos informes emitidos pola Comisión de Informática da Xunta de Galicia.

3. Contratación para a adquisición de vehículos.

Comprobaranse ademais dos extremos previstos con carácter xeral para o contrato de subministracións, a existencia do preceptivo informe da Comisión de Coordinación de Parques Móbiles (artigos 4 e 7 do Decreto 327/1994).

4. Contrato de fabricación.

Se o prego de cláusulas administrativas particulares determina a aplicación directa das normas do contrato de obras, comprobaranse os extremos previstos para o dito tipo de contrato no punto sétimo deste acordo. Noutro caso, o ditos extremos serán os xa especificados para subministracións en xeral.

Noveno.-Nos expedientes de contratos de consultoría e asistencia, os de servicios e os de traballos específicos e concretos non habituais da Administración, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1 c) deste acordo serán os seguintes:

1. Expediente inicial:

A) Aprobación do gasto:

a) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares e con informe da asesoría xurídica e, se é o caso, prego de prescricións técnicas do contrato.

b) Que o obxecto e prezo do contrato estean perfectamente definidos, de xeito que permita a comprobación do exacto cumprimento das obrigas por ámbalas partes.

c) Cando se utilice prego-tipo de cláusulas administrativas, comprobar que o do contrato que se vaia subscribir é da mesma natureza ca aquel do que emitiu informe a asesoría xurídica.

d) Informe detallado e razoado, emitido polo servicio interesado na celebración do contrato, no que se xustifiquen debidamente os extremos recollidos no artigo 203.1º da Lei de contratos das administracións públicas.

e) De se propoñer como forma de adxudicación o concurso, comprobar que o prego de cláusulas administrativas particulares establece criterios obxectivos para a adxudicación do contrato. Cando se propoña

como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren as circunstancias previstas nos artigos 210 e 211 da Lei de contratos das administracións públicas.

f) Cando o obxecto do contrato sexa a edición, impresión, deseño e comercialización de publicacións, deberá consta-la aprobación regulamentaria da Comisión Permanente de Publicacións (artigo 9 do Decreto 316/1990).

B) Compromiso do gasto:

a) Comprobar que o contrato se adxudica de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación e, en caso contrario, que existe decisión motivada do órgano de contratación.

b) Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social e non ter débedas coa Comunidade, por non ser expedidas en prazo, segundo o establecido no artigo 9.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, ou estas estivesen caducadas segundo o artigo 10.3º, comprobar que aquel se atopa ó día das ditas obrigas.

c) Conformidade, cando proceda, da clasificación concedida ó contratista que se propón como adxudicatario coa esixida no prego de cláusulas administrativas particulares (25 LCAP) e, nos contratos que se adxudiquen a persoas físicas, que a titularidade académica que posúen as faculta para a realización do obxecto do contrato e están inscritas no correspondente colexio profesional.

2. Modificación do contrato.

Que exista informe da asesoría xurídica e, se é o caso, do Consello Consultivo.

3. Revisión de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpran os requisitos esixidos no artigo 104.1º e 2º da Lei de contratos das administracións públicas e que non estea expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Aboamentos á conta:

a) No primeiro aboamento á conta, que se constituíu a garantía definitiva, agás que se leve a cabo en forma de retención do prezo, caso no que se comprobará a proposta de retención.

b) Que exista certificación do órgano correspondente pola que se avalíe o traballo parcial executado.

c) Que achegue factura a empresa adxudicataria, de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir factura por empresarios e profesionais.

d) Cando no aboamento se inclúa revisión de prezos, comprobar que se cumpren os requisitos do artigo 104.1º e 2º da Lei de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) No caso de efectuarse anticipos dos previstos no artigo 100.3º da Lei de contratos das administracións públicas, comprobar que se prestou a garantía esixida.

5. Aboamento total ou pagamento da liquidación se existiran aboamentos á conta:

a) Que se xunte certificación ou acta de conformidade da recepción dos traballos.

b) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir factura por empresarios e profesionais.

c) Cando se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos esixidos polo artigo 104.1º da Lei de contratos das administracións públicas e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión de prezos no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Expedientes relativos a servicios informáticos. Mantemento de equipos informáticos e programas realizados a medida:

Que exista informe da Comisión de Informática.

Décimo.-Nos expedientes de contratos patrimoniais, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) deste acordo serán os seguintes (Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia):

1. Adquisición de bens inmobles pola Administración da Xunta de Galicia.

A) Proposta de adquisición e autorización do gasto pola consellería interesada.

a) Só se comprobarán os extremos previstos con carácter xeral no punto primeiro e, se é o caso, segundo, deste acordo.

b) Nas actuacións levadas a cabo pola Consellería de Economía e Facenda, a fiscalización será realizada polo/a interventor/a delegado/a na devandita consellería e consistirá en comprobar que existe prego de condicións do concurso con informe da asesoría xurídica.

No caso de adquisición directa, a fiscalización consistirá en comproba-lo cumprimento dos requisitos do artigo 46.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

B) Aprobación do compromiso de gasto pola consellería interesada.

Que exista resolución de adxudicación da adquisición do conselleiro de Economía e Facenda.

2. Arrendamento de bens inmobles pola Administración da Xunta de Galicia.

A) Proposta de arrendamento e autorización do gasto pola consellería competente.

a) Soamente se comprobarán os extremos previstos con carácter xeral no punto primeiro e, se é o caso, segundo, deste acordo.

b) Nas actuacións levadas a cabo pola Consellería de Economía e Facenda (Secretaría Xeral e do Patrimonio), a fiscalización levaraa a cabo o interventor delegado na dita consellería e consistirá en comprobar que existe prego con informe da asesoría xurídica.

B) Aprobación do compromiso de gasto pola consellería competente:

a) Que exista resolución do secretario xeral e do Patrimonio de adxudicación do arrendamento (artigo 54.2º do Regulamento do patrimonio).

b) Que exista orde do conselleiro de Economía e Facenda, pola que se acorda a contratación directa, se a selección do arrendador foi realizada por este procedemento (comprobación dos requisitos do artigo 55.1º do Regulamento do patrimonio).

C) Recoñecemento da obriga:

Que achegue factura o arrendador de acordo co previsto no Real decreto 2402/1985, do 18 de decembro, sobre a obriga de expedir factura por empresarios e profesionais, conformada polo servicio competente ou acreditación mediante certificación de posta á disposición do inmoble polo arrendador.

3. Adquisicións de bens inmobles por organismos autónomos

A) Proposta de adquisición e autorización do gasto:

a) Que exista informe da asesoría xurídica sobre os aspectos xurídicos da contratación.

b) Que exista informe favorable da Secretaría Xeral e do Patrimonio no suposto de adquisición en réxime de «leasing».

4. Arrendamento de bens inmobles por organismos autónomos.

Proposta de arrendamento e autorización do gasto:

a) Que exista informe da asesoría xurídica sobre os aspectos xurídicos da contratación.

b) Que exista informe da Secretaría Xeral e do Patrimonio no suposto de contratación directa.

B) Recoñecemento da obriga.

Iguais requisitos que os esixidos pola Administración da Xunta de Galicia.

Décimo primeiro.-Nos expedientes de convenios de colaboración que leve a cabo a Administración da Xunta de Galicia e os seus organismos autónomos con entidades de dereito público ou con persoas físicas ou xurídicas suxeitas a dereito privado, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) deste acordo serán os seguintes:

1. Subscrición, modificación substancial ou prórroga.

1.1. Subscrición.

a) Nos expedientes que conteñan obrigas de gasto de carácter plurianual ou, non estando no caso anterior, teña no exercicio vixente un importe superior a 25 millóns de pesetas, que exista autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

b) Que exista informe da asesoría xurídica sobre o texto do convenio.

1.2. Modificacións substanciais:

a) Nos expedientes que conteñan obrigas de gasto de carácter plurianual ou, non estando no caso anterior, teña no exercicio vixente un importe superior a 25 millóns de pesetas, que existe autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

b) Que exista informe da asesoría xurídica sobre o texto da modificación.

1.3. Prórroga.

a) Nos expedientes que conteñan obrigas de gasto de carácter plurianual ou, non estando no caso anterior, teña no exercicio vixente un importe superior a 25 millóns de pesetas, que exista autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

2. No caso de que impliquen subvencións, verificación dos requisitos do punto décimo segundo.2.A) deste texto.

Décimo segundo.-Para os expedientes de subvencións.

Nos expedientes de subvencións, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) deste acordo serán os seguintes:

1. Para subvencións en xeral, en réxime de publicidade e concorrencia.

A) Autorización do gasto.

Que, se é o caso, as bases reguladoras da concesión foron informadas e publicadas no DOG.

B) Acordo de concesión:

a) Que exista proposta de resolución de concesión.

b) Certificación ou acreditación do órgano xestor de que se cumpren tódolos requisitos previstos na convocatoria para a súa concesión.

C) Recoñecemento de obrigas e pagamento:

a) Que exista resolución de concesión fiscalizada de conformidade.

b) Se as normas reguladoras da subvención prevén a esixencia de garantías en virtude do establecido no artigo 78.1º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e nas leis anuais de orzamentos, verifica-la súa existencia.

c) No caso de subvencións ex-post, certificación expedida polo órgano xestor, acreditativa do cumprimento das actividades ou investimentos para as que se concedeu a subvención.

d) Acreditación, por parte do beneficiario, de estar ó corrente das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coas excepcións previstas nas correspondentes leis de orzamentos.

e) No caso de concertos educativos, para o pagamento delegado da nómina verificarase que se atopa conformada pola dirección xeral xestora e que se inclúe certificado expedido por esta, acreditativo de que o importe reclamado corresponde a retribucións e cotizacións do profesorado que presta servicios en unidades escolares concertadas.

2. Subvencións en réxime de concesión directa.

A) Autorización e disposición do gasto.

a) Comprobar que se cumpren os requisitos previstos na correspondente Lei de orzamentos para a súa concesión.

b) Que exista convenio con informe da asesoría xurídica, se é o caso, ou acordo de concesión, fiscalizados de conformidade.

B) Recoñecemento de obrigas e pagamento.

a) Se o convenio ou o acordo de concesión prevé a esixencia de garantías en virtude do previsto nas leis anuais de orzamentos, verifica-la súa existencia.

b) No caso de subvencións ex-post, certificación expedida polo órgano xestor, acreditativa do cumprimento dos fins que xustifican a concesión da subvención.

c) Acreditación, por parte do beneficiario, de estar ó corrente das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Décimo terceiro.-Pensións non contributivas.

Nos expedientes de recoñecemento de dereito a pensións non contributivas a que se refire a Lei 26/1990, do 20 de decembro, polo que se establece na Seguridade Social prestacións non contributivas e o Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, que a desenvolve, a súa liquidación e inclusión en nómina, se é o caso, os extremos adicionais a que se refire o punto primeiro.1.c) deste acordo, serán os seguintes:

1. Con carácter xeral.

a) Que exista solicitude.

b) Que se achegue DNI do solicitante e do representante, se é o caso.

c) Que acredite debidamente o período de residencia en territorio español, o número de membros da UEC e os ingresos anuais do solicitante e dos demais membros da UEC.

d) Que exista proposta de resolución da autoridade competente e certificación da unidade xestora de que non percibe outra pensión.

2. Con carácter específico para cada tipo de expediente.

2.1. Concesión de pensións de xubilación:

Que se acredite que o beneficiario ten cumpridos 65 anos na data da solicitude.

2.2. Concesión de pensión de invalidez:

a) Que a idade do beneficiario estea comprendida entre os 18 e os 65 anos.

b) Que se acredite debidamente a minusvalidez ou enfermidade crónica igual ou superior ó 65%.

2.3. Xustificación documental limitada ós seguintes supostos de alta, variacións e baixas en nómina.

2.3.1. Altas:

Comprobar que corresponden a acordos de recoñecemento do dereito fiscalizados de conformidade.

2.3.2. Variacións da contía:

Comprobar que existe acordo ou resolución fiscalizada de conformidade.

2.3.3. Baixas:

a) No caso de extinción, por desaparece-las causas que deron dereito á pensión, que existe acordo ou resolución fiscalizada de conformidade.

b) No caso de extinción por falecemento do titular, que existe documentación acreditativa del.

c) No caso de que aquela teña carácter cautelar, que existe requirimento para achegar documentación.

Décimo cuarto.-Este acordo producirá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación, momento a partir do cal perderán a súa vixencia os acordos do 5 de maio de 1988, 23 de xuño de 1988 e 30 de maio de 1989, reguladores do exercicio da fiscalización limitada previa.