Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de punción e incisión, varios (plurianual) C.P. 25/1999.

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: subministración de punción e incisión. Varios.

Orzamento: 18.932.940 ptas. (113.789,261 euros).

Garantía provisional: 378.659 ptas. (2.275,786 euros).

-Lote 1: agulla punción lumbar.

Orzamento: 1.485.900 ptas. (8.930,439 euros).

Garantía provisional: 29.718 ptas. (178,609 euros).

-Lote 2: agulla punción lumbar P/lapis.

Orzamento: 2.166.750 ptas. (13.022,430 euros).

Garantía provisional: 43.335 ptas. (260,449 euros)

-Lote 3: agulla plexo punta lapis 70 e 90 mm.

Orzamento: 1.584.000 ptas. (9.520,032 euros).

Garantía provisional: 31.680 ptas. (190,401 euros).

-Lote 4: agulla biopsia P/pistola 18G x 20.

Orzamento: 3.150.000 ptas. (18.931,881 euros).

Garantía provisional: 63.000 ptas. (378,638 euros).

-Lote 5: lanceta P/hematocrito.

Orzamento: 1.171.350 ptas. (7.039,955 euros).

Garantía provisional: 23.427 ptas. (140,799 euros).

-Lote 6: folla bisturí.

Orzamento: 3.371.400 ptas. (20.262,522 euros).

Garantía provisional: 67.428 ptas. (405,250 euros).

-Lote 7: folla bisturí P/coronarias.

Orzamento: 680.400 ptas. (4.089,286 euros).

Garantía provisional: 13.608 ptas. (81,786 euros).

-Lote 8: bisturí Electr. dun só uso.

Orzamento: 1.295.280 ptas. (7.784,790 euros).

Garantía provisional: 25.906 ptas. (155,698 euros).

-Lote 9: micro-coitelo 30º e 45º.

Orzamento: 830.250 ptas. (4.989,903 euros).

Garantía provisional: 16.605 ptas. (99,798 euros).

-Lote 10: placa bisturí P/Valleylab adulto.

Orzamento: 2.167.200 ptas. (13.025,134 euros).

Garantía provisional: 43.344 ptas. (260,503 euros).

-Lote 11: agulla biopsia de pel 3 ó 8.

Orzamento: 1.030.410 ptas. (6.192,889 euros).

Garantía provisional: 20.608 ptas. (123,857 euros).

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 23 de abril de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña