O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: subministración de administración de osíxeno e outros.
Orzamento: 22.211.550 ptas. (133.494,104 euros).
Garantía provisional: 444.231 ptas. (2.669,882 euros).
-Lote 1: gafas de osíxeno.
Orzamento: 2.412.000 ptas. (14.496,412 euros).
Garantía provisional: 48.240 ptas. (289,928 euros).
-Lote 2: pipa Micronebuliz. P/medicación.
Orzamento: 2.396.250 ptas. (14.401,753 euros).
Garantía provisional: 47.925 ptas. (288,035 euros).
-Lote 3: máscara Micron. P/medicación.
Orzamento: 2.178.000 ptas. (13.090,044 euros).
Garantía provisional: 43.560 ptas. (261,801 euros).
-Lote 4: Humidif. auga estéril 500 cc.
Orzamento: 6.048.000 ptas. (36.349,212 euros).
Garantía provisional: 120.960 ptas. (726,984 euros).
-Lote 5: Humidific. tubo (nariz) adulto.
Orzamento: 7.200.000 ptas. (43.272,872 euros).
Garantía provisional: 144.000 ptas. (865,457 euros).
-Lote 6: máscara de osíxeno adultos.
Orzamento: 1.977.300 ptas. (11.883,812 euros).
Garantía provisional: 39.546 ptas. (237,676 euros).
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 23 de abril de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña