O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: subministración de lentes intraoculares.
Orzamento: 19.162.500 ptas. (115.168,945 euros).
Garantía provisional: 383.250 ptas. (2.303,379 euros).
-Lote 1: L.I.O. cámara posterior.
Orzamento: 6.840.000 ptas. (41.109,228 euros).
Garantía provisional: 136.800 ptas. (822,185 euros).
-Lote 2: L.I.O. cámara posterior.
Orzamento: 1.490.000 ptas. (8.955,080 euros).
Garantía provisional: 29.800 ptas. (179,102 euros).
-Lote 3: L.I.O. cámara posterior.
Orzamento: 1.710.000 ptas. (10.277,307 euros).
Garantía provisional: 34.200 ptas. (205,546 euros).
-Lote 4: L.I.O. cámara posterior.
Orzamento: 1.282.500 ptas. (7.707,980 euros).
Garantía provisional: 25.650 ptas. (154,160 euros).
-Lote 5: viscoelástico.
Orzamento: 7.840.000 ptas. (47.119,349 euros).
Garantía provisional: 156.800 ptas. (942,387 euros).
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministra
cións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 20 de abril de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña