Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia e mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción dun centro de saúde en Mazaricos (A Coruña).

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: construcción dun centro de saúde en Mazaricos (A Coruña).

Orzamento da contrata: 3.884.487 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de claúsulas administrativas particulares que rexe este concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos