Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a adquisición do sistema de monitorización e respiradores con destino ó Hospital Comarcal Costa de Burela (Lugo) (SCS-21/1999, tres lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de sistema de monitorización e respiradores con destino ó Hospital Comarcal de Burela (Lugo). (SCS-21/1999). (3 lotes).

Orzamento: trinta e un millóns setecentas cincuenta mil pesetas (31.750.000 ptas. IVE incluído) (190. 821,34 euros).

Lote nº 1: respiradores. 14.600.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 2: respiradores non invasivos. 350.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 3: sistema monitorización medicina interna. 16.800.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional:

Lote nº 1: 292.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 2: 7.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 3: 336.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional dos 3 lotes: 635.000 pesetas IVE incluido (3.816,43 euros).

Ver resumo de prescricións técnicas para garantía provisional de cada lote (anexo III).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.

Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da legislación vixente, en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, con base na directiva 89/336CE ou 93/42CE e xunto co número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características téc-

nicas mínimas esixidas, incorporacións das características técnicas mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc. ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO 9000, etc ata 10 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos