Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes á resolución de perda de subsidiación ó tipo de xuro recaída ó abeiro do Convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Igape e as entidades financeiras para 1996 (DOG nº 122, do 21 de xuño).

Expediente: 1/96.0097.8530.N.0441025871.

Titular: Pesquerías Viqueira y Saco, S.L.

NIF: B-15.573.397.

Acto que se notifica: perda da subsidiación ó tipo de xuro, segundo resolución do presidente do Igape, do 28 de agosto de 1998, por cancelación do préstamo subsidiado.

Contra esta resolución poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda, que porá fin á vía administrativa.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Unidade de Liquidacións da Área de Incentivos do Igape (r/ Frei Rosendo Salvado, nº 16-baixo, Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto referido.

O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica