Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes ó inicio de expediente de incumprimento de condicións de subsidiación ó tipo de xuro e reclamación do indebidamente percibido, recaídas ó abeiro do Convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Igape e as entidades financeiras para 1995 (DOG nº 118 bis, do 21 de xuño) e do Decreto 59/1994, do 25 de marzo, de axudas financeiras de subsidiación ó tipo de xuro ás Pemes:

Expediente: I1/95.20460200N95046.

Titular: Pazo de Casas, S.L.

NIF: B-15.512.981.

Acto que se notifica: modificación de inicio de expediente de incumprimento de condicións, segundo acordo do director xeral do Igape, con data do 27 de xaneiro de 1999, por considera-la posibilidade dun incumprimento parcial de condicións nas que foi concedida a subsidiación, posto que aínda que non se acreditou o pagamento en prazo do total do investimento subvencionado e que, aplicando as porcentaxes investimento subvencionable/préstamo subsidiable, resultaría un préstamo inferior a cinco millóns de pesetas -contía mínima xeral-, este expediente está excepcionado do dito límite posto que

o beneficiario está acollido ó programa Lanza (disposición adicional do Decreto 59/1994).

Ábrese un período de 10 días desde esta publicación para que os interesados poidan efectuar alegacións.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Unidade de Liquidacións da Área de Incentivos do Igape (r/ Frei Rosendo Salvado, nº 16-baixo, Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto referido.

O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica