Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de marzo de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de revogación da adxudicación da vivenda con expediente C-2-CD/68, conta 1833, correspondente a Matilde Picos Morales.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados a resolución de revogación da adxudicación da vivenda con Expte. C-2-CD/68, conta 1833, correspondiente a Matilde Picos Morales.

Visto o expediente C-2-CD/68, conta 1833 polo que se identifica a vivenda sita en Ferrol, rúa Padre Feijóo, bloque 27, portal 3, 4º Esqda.

Resultando que con data do 5-6-1975 se propón a adxudicación da dita vivenda a favor de Matilde Picos Morales, viúva de 85 anos de idade, quen efectuou a correspondente achega inicial, segundo carta de pagamento da Intervención de Facenda con data do 9-6-1975.

Resultando que a dita adxudicación non foi formalizada mediante contrato.

Resultando que, con data do 19-10-1988, se requiriu a Pedro Pérez González para que presentase o título legal xustificativo da súa situación como ocupante da citada vivenda, sen que o dito requirimento fose atendido.

Resultando que, con data do 18-11-1998, a Dirección Xeral do IGVS requiriu, no mesmo sentido do anterior, a Jesús Vicente Teijeiro contra o que con data do 18-2-1999 foi iniciado desafiuzamento por non acredita-lo título que lexitime a ocupación da vivenda.

Considerando que a dita vivenda non está sendo ocupada pola adxudicataria, nin foi solicitada subrogación ou formalización de adxudicación por persoa lexitimada para iso.

Vista a normativa aplicable ás vivendas de protección oficial, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais de xeral aplicación.

Acordo a revogación da adxudicación da vivenda identificada como Expte. C-2-CD/68, conta 1833 efectuada a Matilde Picos Morales polo delegado provincial da Coruña, do Ministerio da Vivenda con data do 5-6-1975.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 da LRXAP e PAC, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de marzo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña