Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de marzo de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente C-82/050, conta 3).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, nofícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 24 de marzo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

José Ángel Pereiro Martiño e herdeiros.

Expte. C-82/050 (DP-D 42/98).

Conta: 3.

Alcalde Pérez Ardá, bloque 14, P-1, 2º Esqda. (A Coruña).

Importe débeda: 552.933 ptas.