De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.
Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado a partir do día desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
O importe da sanción farase efectivo no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) na conta aberta na Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para a cobranza de multas e sancións (conta nº 3110000897). De non facelo dentro deste prazo, procederase a cobralo pola vía de constrinximento.
Ourense, 22 de marzo de 1999.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
-Expediente nº E.S. OU-11/98.
Presunto responsable: Promotora O Chao, S.L., da que son representantes Juan Manuel Quintas Pérez e Josefa López Fidalgo.
NIF nº: B-32-153215.
Último enderezo coñecido: r/ Constitución, nº 6. O Barco de Valdeorras.
Feitos imputados: neglixencia na edificación de vivendas de protección oficial que deu lugar a vicios ou defectos nelas.
Precepto sancionador: Art. 6.1º.e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.
Cualificación da infracción: moi grave.
Sanción proposta: 750.000 ptas. de multa e a obriga de face-las reparacións necesarias.