Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución recaída do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-17/96, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso ordinario no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. De non interpoñelo, advírteselle que deberán ingresa-lo importe da sanción na conta aberta na Caixa Galicia, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para a cobranza de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. De non facelo dentro deste prazo procederase a cobralo pola vía de constrinximento.

Ourense, 23 de marzo de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego da

Vivenda e Solo

ANEXO

-Expediente nº E.S. OU-17/96.

Presunto responsable: José Luis Domínguez Álvarez.

DNI nº: 634.656.

Último enderezo coñecido: Estrada de Barrio, s/n 32780 A Pobra de Trives.

Feitos imputados: neglixencia na edificación de vivendas de protección oficial que deu lugar a vicios ou defectos nelas.

Precepto sancionador: Art. 153.c) 6 do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción proposta: 250.000 ptas. de multa e a obriga de face-las reparacións necesarias.