Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 15 de marzo de 1999, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador DH.D 15.11067.

Por medio deste edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial de la Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 15 de marzo de 1999.

Ramón Vázquez Montero

Xefe do Servicio Territorial da Demarcación

Galicia Norte de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente número: DH.D15.11067.

Persoa interesada: Jesús Freire Pacín.

Domicilio que consta no expediente: Almeiras 32 A-B, 15189 Culleredo.

Acto administrativo: proposta de resolución con data do 4-12-1998.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 j) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 8.000 ptas.