Por medio deste edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.
En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial de la Demarcación Galicia Norte do organismo autó
nomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.
En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.
A Coruña, 15 de marzo de 1999.
Ramón Vázquez Montero
Xefe do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte de Augas de Galicia
ANEXO
Expediente número: DH.D15.11066.
Persoa interesada: Valeriano Álvarez Basich.
Domicilio que consta no expediente: Pol. Elviña 2ª fase 12-9º B, A Coruña.
Acto administrativo: proposta de resolución con data do 29-1-1999.
Preceptos infrinxidos: artigo 315 j) do Regulamento do dominio público hidráulico.
Sanción proposta: 8.000 ptas.