Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-138/97 e P-245/97 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firma, na conta 90/3110001181, da Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 25 de marzo de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 138/97.

Denunciado: Antonio Corbacho Fernández.

Domicilio: A Insua, 55, Pt. Caldelas.

DNI: 35.236.832

Feitos denunciados: non respecta-las dimensións mínimas das especies ó capturar unha troita de 13 cm, cando a dimensión mínima é de 19 cm, feitos que tiveron lugar ás 13 horas do día 10 de maio de 1997, no río Oitavén, no lugar coñecido como Porto Vilán, no termo municipal de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 24-7-1997.

Data do acordo da proposta: 26-10-1998.

Proposta: sancionar a Antonio Corbacho Fernández con multa de 5.000 ptas. e unha indemnización de 1.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: non respecta-las dimensións mínimas das especies ó capturar unha troita de 13 cm.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación coa Orde do 17-2-1997 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autonóma de Galicia durante a temporada de 1997.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: de 1.000 ptas.

Expediente: 245/97.

Denunciado: Francisco Vilariño Pacheco.

Domicilio: A Insua, Pt. Caldelas.

DNI: 35.242.582

Feitos denunciados: pescar sen permiso nun couto de pesca dándose á fuga ó ser sorprendido polos axentes. Feitos denunciados ás 21 horas do día 13 de agosto de 1997 no río Verdugo no lugar da Fraga do termo municipal de Pte. Caldelas.

Data do acordo da incoación: 10-10-1997.

Data do acordo da proposta: 13-1-1998.

Proposta: sancionar a Francisco Vilariño Pacheco con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Alegacións a proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar sen permiso nun couto de pesca.

Precepto infrinxido: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: 1 ano.