Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-186/98 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos

previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 25 de marzo de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 186/98.

Denunciante: Mauricio Reboreda Martínez.

Domicilio: r/ Carral, 32-4º, Vigo.

Feitos denunciados: pescar sollas á man. Feitos denunciados ás 11.30 horas do día 12 de xullo de 1998, no río Miñor ó seu paso por Foz-A Ramallosa do concello de Nigrán.

Data do acordo da incoación: 11-11-1998.

Precepto infrinxido: 34.11º da Lei 7/1192, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, debendo entregala no prazo de 1 mes contado desde que a sanción sexa firme.

Expediente: 209/98.

Denunciante: Maximino García Míguez.

Domicilio: r/ Salvaterra, 1, Vigo.

Feitos denunciados: corta de vexetación de ribeira sen autorización (13 gomos de amieiro e 1 gomo de salgueiro), no río Pexegueiro, no lugar do Coto, Cesantes do concello de Redondela. Feitos denunciados ás 11 horas do día 7 de setembro de 1998.

Data do acordo da incoación: 28-1-1999.

Precepto infrinxido: 34.22º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Indemnización: de 7.578 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, debendo entregala no prazo de 1 mes contado desde que a sanción sexa firme.

Expediente: 214/98.

Denunciante: Juan José Rey Castro.

Domicilio: r/ Dos-Las Bocas, nº 9B, Vilanova de Arousa.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca carecendo de licencia de pesca. Feitos denunciados ás 19.45 horas do día 16 de setembro de 1998 no río Ulla, lugar de Bamio, do concello de Vilagarcía de Arousa.

Data do acordo da incoación: 18-12-1998.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, debendo entregala no servicio provincial de man no prazo de 1 mes contado desde que a sanción sexa firme.