Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/39-2, 5119 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. Marzán-Pardiñas (Foz).

Situación: Foz.

Descricións técnicas: L.M.T. Marzán-Pardiñas de 2.221 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LART-125. Derivación de L.M.T. Marzán-Pardiñas o C.T. de Forxán de 50 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. Derivación da L.M.T. Marzán-Pardiñas o C.T. de Alán de 60 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. Derivación da L.M.T. Marzán-Pardiñas o C.T. de Núñez de 37 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. Derivación da L.M.T. Marzán-Pardiñas ó C.T. de Celta de 32 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3349