Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reforma do C.T. Cruña (Vilalba).
Situación: Vilalba.
Descricións técnicas: C.T.I. na rúa Plácido Pena de 630+400 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 29 de marzo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo