Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/2-2, 5092 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Alférez Baanante nº 3 (Chantada).

Situación: Chantada.

Características técnicas: L.M.T. subterránea o C.T. de Alférez Baanante nº 3 de 41 metros a 20 kV baixo tubo de polipropileno en conductor R.H.V. C.T. de interior de Alférez Baanante nº 3 de 400 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de Alférez Baanante nº 3 de 100 metros baixo tubo de polipropileno en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3348