Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/156-2, 5064 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Santa Isabel (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Características técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Santa Isabel de 24 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56 C.T. de intemperie de Santa Isabel de 100 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Santa Isabel de 1.460 metros de lonxitude sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo