Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 84/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da subestación eléctrica a 220/66 kV tipo intemperie modular compacta, consistente en:

No sistema de 220 kV contará con:

-Un módulo de liña 220 kV.

-Un módulo de medida e posta á terra de barras.

-Un módulo de transformador 220/66 kV.

-Un transformador trifásico de 150 MVA e relación de transformación 220 /66 kV.

No sistema de 66 kV contará con:

-Un módulo de transformador 220/66 kV.

-Nove módulos de liña 66 kV.

-Un módulo de transformación para servicios auxiliares 66/0,380 kV.

- Un transformador para servicios auxiliares de 250 kVA e tensións de 66/0,380 kV.

-Un módulo de medida de barras de 66 kV.

-Un módulo de ensamblaxe de barras.

Finalidade: mellora-la rede de alta tensión no oeste da provincia da Coruña. No termo municipal de Mazaricos. (Expediente nº 84/1999).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 23 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predios:

Número: 1.

Denominación: comunidade de montes vecináis en man común de Fornís e Loureiro.

Propietarios:

Nome: presidente: Pedro.

Apelidos: Cernadas Sendón.

DNI: 33.320.615.

Domicilio: Lugar de Fornís 15256 Mazaricos (A Coruña).

Afección:

Superficie ocupada m: 10.000.