Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999 pola que se convoca o concurso público para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros de predoutoramento da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o con

trato arriba indicado (e que, xunto coa demais documentación de interese para os licitadores, se pode recoller nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, local C, Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, faise público o seguinte anuncio:

Obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros de predoutoramento da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Orzamento: 8.479.740 ptas.

Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres pechados e asinadas polo licitador ou a persoa que o represente no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, local C. 15706 Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, local C. 15706 Santiago de Compostela, ás 11.30 horas do día 10 de xuño de 1999.

Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento