En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu
nidade Autónoma de Galicia e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,
RESOLVO:
Facer público que pola necesidade de dota-lo castiñeiro de Rozavales de protección e dun contorno axeitado xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa, de acordo coas peculiaridades do ben, na adquisición de oito predios situados no lugar de Pumbariños-Rozavales, termo municipal de Manzaneda (Ourense).
Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda