O Decreto 178/1994, do 16 de xuño, desenvolve a estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, creado polo Decreto 71/1993, do 18 de marzo.
Encontrándose vacante un cargo directivo da citada estructura, procede a súa cobertura polo sistema de libre designación en convocatoria pública.
Por isto, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 4.1º do dito Decreto 178/1994, do 16 de xuño,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, a praza que se indica no anexo desta orde, pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que, para esa praza, reúnan os requisitos previstos no devandito Decreto 178/1994, do 16 de xuño.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no das súas delegacións provinciais ou en calquera das direccións provinciais do Sergas, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados deberán presentar, xunto coa solicitude, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen, ademais de xustifica-los requisitos ós que se refire o punto segundo desta orde.
Cuarto.-Cumpridos os trámites previstos no dito Decreto 178/1994, a resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o cargo directivo ofertado.
Quinto.-Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencio
so-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 1999.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Praza: director de Organización e Sistemas.
Requisitos:-Posuír titulación superior ou de grao medio universitaria.-Non encontrarse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas ou profesionais.