Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.114

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 23 de marzo de 1999 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na corrección da citada orde publicada no DOG nº 76, do 22 de abril de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.771. Intervención de 2ª. Baremo. Méritos específicos, na alínea b), onde di: «coñecemento da aplicación», debe dicir: «coñecemento e aplicación».

-Na mesma páxina, Tribunais. Secretaría de 2ª. Vocais, onde di: «Titular: un representante designado pola Xunta de Galicia», debe dicir: «Titular: Juan José Piñeiro Gómez-Durán, xefe de sección da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra».

-Na mesma páxina, Tribunais. Secretaría de 2ª. Vocais, onde di: «Suplente: un representante designado pola Xunta de Galicia», debe dicir: «Suplente: Enrique Sarmiento Gómez, secretario provincial da

Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra».

-Na páxina 4.772.-Tribunais. Secretaría de 2ª, debe engadirse: «Secretario: Carlos A. García Novio, secretario do Concello de Valga».